PAZO A TORRE DE ALDÁN
ENTRADA
Para entrar a unha casa, como é costume, hai que chamar ao timbre, .Na época dos pazos tamén se chamaba ,xa que entrar era moi difícil ;non hai máis que ver como eran as portas. Como naqueles tempos non había electricidade, atado a porta tiñan un cordel que daba cara ao exterior e que ao tirar del facía soar unha campá. Esta era a forma de avisar e pedir permiso para entrar.
Agora máis ben é un divertimento xa que cando visitamos o pazo non quedou ninguén sen tirar da corda!!!!!Que divertido.
ENTRADA DO PATIO PRINCIPAL DO PAZO, ACOMPAÑADOS DE PILI , A PERSOA QUE O COIDA E QUE NO ACOMPAÑOU DURANTE A VISITA.
FACHADA INTERIOR CON BALCONADA
Estamos na parte posterior do pazo que se pode ver dende a estrada. Alí atopámonos con moitas curiosidades como o balcón dende o cal os condes que alí vivían contemplaban a danza , a torre medieval, a górgola, o hórreo...
Os máis antigos do lugar lembran os últimos conde de Canalejas que vivirón neste pazo. estamos a falar de Julián Pérez Esteso que casou con Mª del Carmen de Armada e Quiroga (1895-1955) XIII condesa de Canalejas, e dona dos pazos de Vistalegre e A Torre de Aldán, descendente por parte na dai da liñaxe dos Aldao e por parte do seu pai dos nobles de Canalejas(Oviedo).
Deste matrimonio neceron cinco fillos: Julián, Antonio, José María,Mª Carmen, e Ramón. Trala morte do fillo maior quedoulle as propiedades a Antonio(XIV conde de Canalejas) que o falecer lle deu en herdanza o pazo de Vistalegre ao seu irmán Ramón (XV conde de Canalejas).
FOTO DIANTE DA FACHADA POSTERIOR ONDE HAI UN PATIO EMPEDRADO.
HÓRNEO DO PAZO
Este órneo feito en pedra e madeira ten como característica, que o fai único na nosa zona,que está apoiado sobre tres mos horizontais. O normal é que estivera apoiado en dúas mos. Será porque era moi ancho!!!!!
Os hórneos son construccións típicas de Galicia e Asturias onde se secaba, almacenaba e conserbaba o gran que se recollía da colleita. Estaba ben aillado de humidades e animais como os ratos e estaba ventilado para que o aire entrara e non se estropease o producto que había almacenado.
Hainos de distintas formas, tamaños e materiais . O máis xeral é que teñan pedra e madeira xa que ámbalosdous materiais predominan en Galicia.
Está claro que nos pazos non podían falar xa que tiñan moitísimas terras de cultivo que ás veces traballaban os seus servintes e outras veces arrendaban a cambio dunha parte da colleita, polo tanto tiñan moitos productos que gardar. sobre todo cereais e patacas.
ESCUDO DA LIÑAXE DOS ALDAO
A historia da Casa e Torre de Aldán está ligada ao lexendario liñaxe dos Aldao, xa que se ten constancia de que, cara a mediados do século V, o señor da chamada "Casa de Aldana", casou coa filla do último rei suevo Alamiro (ou Miro), dando lugar a árbore xenealóxica dos "Aldao" que ademais de figurar na península do Morrazo, aparecen en Pontevedra, Xeve, Ponteareas, Cambados, así como en terras luguesas e de A Coruña (Pontedeume e San paio de Brexo).Traspasaron os linde de Galicia e España, chegando a Colombia e Arxentina.
O escudo dos señores de Aldao está composto por cinco flores de lis reales de Francia, obtidas despois dun duelo co duque de Normandía , sobriño do rei francés Felipe II de Francia. A medida que se ían unindo con outras casas nobiliarias( familias Arias, Bermúdez cde Castro, Reyno Marino,Puga novoa, Figueroa, Maldonado, Miranda e Armada) as flores de lis fóronse misturando dando lugar a novos escudos.
FOTO NO PATIO PRINCIPAL
Tras rematala visita sacamos unha foto de grupo con Pili, que coida este pazo e a que queremos agradecer a súa atención e compañía.
Polo pazo da Torre pasaron moitas familias que como xa dixemos tiñan a súa orixe no liñaxe dos Aldao e que pasados os anos e os séculos se foron unindo por casamento con outras familias nobles.Foi no século XIX cando chegaron a estas terras on nobles de Canalejas,título nobiliario español creado o 4 de novembro de 1675 por Carlos II. Foi Ramón Armada e Fernández de Heredia XII conde de Canalejas o que casou cun descendente dos Aldao, Mª del Carmen de Quiroga e Losada, que herdou dos seus pais a Torre de Vistalegre e da Torre de Aldán.