top of page
VISITA AO PAZO DE A TORRE
 
Tivemos a sorte que o día de san Sebastián, 20 de xaneiro, Pili, a persoa que coida do pazo, nos permitiu visitalo.
Facía xa algúns anos que outros alumnos visitaran este pazo, pero agora facía moito tempo que ninguén podía entrar.
A historia deste pazo é moi interesante :

 

 

PARECE SER, SEGÚN CONTA A HISTORIA, QUE O PAZO DE ALDÁN É DO SÉCULO XII , PERO DAQUELA NON ERA COMO AGORA. SO ESTABA FEITA UNHA PARTE DA CASA, A QUE ESTÁ PEGADA AO CAMIÑO. ESTA PARTE NON ERA COMO ESTÁ A GORA, SENON QUE HABÍA UNHA TORRE MOI ALTA QUE XUNTO AS MURALLAS ERA A FORTALEZA QUE DEFENDÍA O POBO DE ALDÁN DOS VIKINGOS!!!

SABEMOS QUE ESTÁ RELACIONADA COS SEÑORES DE ALDAO E CON TODA A SÚA LIÑAXE.

 

CONTA A LENDA QUE NO OUTEIRO HAI UN SARCÓFAGO QUE, SEGÚN NOS CONTARON, ESTABA ENTERRADO UN VIKINGO.
FUENCISLA, CONTOUNOS QUE, UNHA FILLA DO REI VIKINGO AO FINAL SE CASARA CON ALQUÉN DA FAMILIA QUE VIVÍA NA TORRE.

ALGÚNS ANOS DESPOIS O REI DE ESPAÑA MANDOU BOTAR ABAIXO PARTE DA TORRE PARA QUE OS NOBLES SOUBERAN QUE NON PODÍAN TER MÁIS  PODER   CA EL.

NO ANO 1685 REALIZOUSE  UNHA REFORMA E AMPLIACIÓN  DO PAZO, QUE É  A FORMA QUE TEN ACTUALMENTE .NA PARTE DE ABAIXO TEÑEN UN LAGAR PARA FACER O VIÑO E UNHA CABEZA DE XABARÍL, ADEMAIS DE MOBLES MOI ANTIGOS. TAMÉN TEÑEN UNHAS ESCADAS DE PEDRA  PARA SUBIR A PARTE DE ARRIBA. CONTOUNOS FUENCISLA QUE UN DÍA O CONDE  SENSO PEQUENO CAEU POR ELAS E A SÚA NAI MANDOU PECHALAS PARA QUE NON VOLVESE A SUBIR POR ELAS.

 

 
bottom of page