top of page

CRUCEIRO E ENTORNO DO HÍO

O HÍO :IGREXA ROMÁNICA E CRUCEIRO
 

A nosa visita a parroquia do Hío foi moi interesante.

O feito de ir camiñando disfrutando do paseo dende o colexio ata o igrexa gustounos moito, percorrendo os paseos de madeira que nos levou ata Vilariño e pequenos camiños que nos achegaron ata O Hío.

 

Alí estaba esperándonos don Alfonso, que con moito interés e coñecemento nos deu infromación sobre a Igrexa de san Andrés, O  Cruceiro , a casa parroquia que é un pazo rectoral e todos os elementos arquitectónicos que están no entorno.

 

Chamounos moita a atención a  explicación que nos deu do Cruceiro , feita nunha soa peza na que o escultor quixo expresar a vida de Cristo.

 

É o máis importante e coñecido de Galicia polo feito de estar tallado nunha soa peza.

IGREXA DE SAN ANDRÉS EXTERIOR
 

Don Alfonso deunos unha explicación moi interesante primeiro sobre  a parte exterior da Igrexa. Parece ser que antigamente había un cemiterio e que foi levantada en diferentes momentos.

Foi  modificada en 1788, e conserva da súa primitiva fábrica románica do século XII os muros da nave máis a súa interesante portada principal. Ten unha única nave cuberta con bóveda de canón.  No tímpano aparece unha grande cruz de Santo Andrés e dúas pequenas figuras aos seus lados. Sobresae tamén a colección de canciños decorados con graciosas figuras que se dispoñen ao longo do aleiro. Culmina a fachada principal unha típica torre e unha campá.

IGREXA INTERIOR

 

No interior da igrexa don Alfonso explicounos con detalle como estaba organizada e falounos da pila bautismal e das figuras que había nela.

 

O patrón de O Hío e San Andrés que ocupa o lugar máis importante, xunto con San Roque que o acompaña e o cal se lle adica a danza que se baila tradicionalmente todos os 16 de agosto.

 

A danza de San Roque está formada por 10 galáns un guía e cinco nenos que levan as vestimentas de San Roque.

 

O baile vai acompañado dun gaiteiro eunha caixa que tocan a danza e contradanza.

ENTORNO E PATRIMONIO

Despois visitamos a casa rectoral onde atopamos unha fonte e un lavadoiro. A auga parece ser  que ven dunha mina que nace no monte e enriba do lavadouro hai un escudo da persoa que o fixo, parece que relacionado coa liñaxe dos Aldao.

 

Pola parte de enriba hai outra fonte coñecida como a fonte do Geo, que abastecía a todos os veciños por ser unha auga tan boa.

 

Puidemos ver tamén o pombal e o hórneo, todos eles elementos que se construían arredor do pazo.

 

 

ENTORNO E PATRIMONIO

 

Nesta imaxe podemos ver a fonte de dous tornos e os lavadouros, que eran lugares a onde se ía a lavar a roupa.

 

A auga estaba moi fría pero ninguén dasaproveitou a ocasión para bebela.

 

Foi unha saída moi cultural, onde aprendemos sobre o patrimonio e a historia dos lugares onde vivimos algúns nenos de 6º  e que forma parte da nosa contorna máis cercana.

 

A continuación despois de tomar un refrixerio, pasamos polo Pazo do Outeiro, que anque non puidemos visitar por dentro, fixámonos na súa estructura exterior, quedando esta visita para outra ocasión.

Cristóbal Prieto "o luthier do Hío"

 

Dentro das nosas saídas pola contorna atopamos , non somente edificacións do noso patrimonio histórico , senon que tamén tivemos a sorte de poder visitar o taller dun luthier coñecido en toda Galicia e outros lugares de Europa, que de xeito artesanal elabora fermosas gaitas , requintas e frautíns ...

Estamos a falar de Cristóbal Prieto un gaiteiro que comezou moi novo nesta arte de tocar o instrumento máis importante da nosa cultura, elaborando as súas propias, despois de realizar estudos na escola de artes e oficios de Vigo xunto con grandes mestres musicais.

 

Agora leva o nome dos nosos pobos por todas aquelas feiras que el visita na procua de algún música que queira facerse cunha das súas obras de arte:GAITAS PRIETO 

bottom of page