OS PAZOS
Durante os séculos XVI e XVII a fidalguía ou pequena nobreza territorial galega consolidouse como un poderoso grupo rentista, o segundo en importancia, despois do estamento eclesiástico, con quen mantiña estreitas relacións de parentesco. A manifestación máis visible do triunfo dos fidalgos foi a construcción de centos de pazos ou palacios que hoxe poden observarse, en diferente estado de conservación, ao longo e ancho da xeografía galega e que constitúan, ao carón dos inmobles relixiosos, unha parte fundamental do patrimonio arquitectónico de Galicia. A investigación histórica realizou nas últimas décadas aportacións decisivas ao coñecemento das orixes sociais dos fundadores de casas fidalgas, dos mecanismos de constitución dos patrimonios, as estratexias de reproducción social das familias, e tamén, anque en menor medida, das formas de vida dos moradores dos pazos. Esta última cuestión foi tema moi cultivado pola literatura escrita cando a “sociedade dos pazos” estaba no seu declive, na segunda metade do XIX e primeiras décadas do XX.
QUEN VIVE NO PAZO?
Eran a residencia de persoas importantes na súa comunidade (baixa nobreza galega, fidalgos, e antes, de reis ou nobres). Foron de importancia crucial nos séculos XVII a XIX, relacionados coa arquitectura rural e monástica e o sistema de organización feudal, xa que constituían unha especie de unidades de xestión local ao redor dos cales transcorría a vida dos aldeáns. Co tempo foi converténdose na marca social e refuxio da decrecente clase fidalga, que retrataron nas súas novelas escritores coma Otero Pedrayo, Emilia Pardo Bazán e Valle-Inclán.
Posuían os foros (cesión das terras aos campesiños nos séculos XVII e XVIII a cambio de recibir rendas) e polo tanto tiñan un gran poder económico.
Ó pazo coma estrutura arquitectónica asociábaselle unha rede social: a dos serventes do fidalgo e dos tributarios de foros, que mesmo chegaban a vivir no mesmo recinto (sobre todo os primeiros).
A ORIXE DOS PAZOS
A orixe dos pazos son castelos da Idade Media, polo que soen ir asociados a unha antiga torre, que os seus donos ampliaron para facer unha estancia máis confortable na época moderna. Non se coñecen os nomes dos arquitectos, polo que debían ser simples canteiros ou arquitectos que copiaban outros modelos de arquitectura culta, como igrexas; é por iso que a súa arquitectura está a medio camiño entre a culta (influencias renacentistas, barrocas e neoclásicas) e a vernácula.
Suelen constar de un edificio principal rodeado de jardín, un palomar y a menudo incluyen edificaciones anexas como pequeñascapillas para celebraciones religiosas.
Os pazos salientan hoxe en día, ademais dende o punto de vista arquitectónico, pola súa xardinaxe, con bos exemplos de formacións de comúns e plantas e árbores senlleiras exóticas coma palmeiras, camelias etc.
Existen construcións semellantes (casas nobres no campo) en toda a Europa atlántica: Galicia, Norte de Portugal, Francia, Holanda, Alemaña e Illas Británicas ("Manor houses").
QUÉ É UN PAZO
Mansión tradicional galega, grande para o seu tempo, posuidora de signos heráldicos (escudo ou brasón) e de proporcións e riscos suntuarios que a diferenza das demais do hábitat rural da zona.
Os pazos de Galicia son un excelente exemplo de arquitectura civil tradicional, aínda que moitos tamén teñen unha capela propia para celebracións relixiosas.
Sitúanse sempre no rural, en zonas de microclima benigno e solos fértiles. Erguíanse nas abas dunha ladeira ou nun outeiro, sempre en locais estratéxicos dende onde o señor puidese ollar as súas posesións.