top of page

PAZO DE SANTA CRUZ- BUEU

ENTRADA AO PAZO DE SANTA CRUZ

"O pazo de Sta. Cruz fue fundado en o último tercio do s.XVII por D. Fernando de la Rúa Freire, abade de Bueu e comisario do Sto. Oficio. Falecido en 1697, deixou sucesor  ao seu fillo, o capitán D. José Antonio de la Rúa Freire y Andrade, casado con Dña. Jacinta Bermúdez de Castro e Mondragón, filla do capitán D. Bartolomé de Castro San Ciprián e Dna. María de Mondragón; quen lle  dera polos fillos a Dna. Baltasara, casada con D. Benito Gayoso e Maldonado, fillo dos señores da torre de Aldán; Dña. Isabel María; D. Benito Antonio, herdeiro do maiorazgo; Dna. Rosa María, casada con D. José Ventura Cabral e Valladares, fillo dos señores da Casa de Bouzas; Dna. María Josefa, casada con D. Manuel José de Aldao e Taboada, señor de la Casa do Placer, en Sta. María de Cela; D. Lucas, clérigo, deixou numerosa descendencia; e Dña. María de la Anunciación de la Rúa Freire."

 

 
 

 

VISITA Á CAPELA
 

De estilo gótico tardío e na honra de Santa Ifixenia, aínda que no seu altar maior non hai ningunha imaxe dela, senon unha cruz de ébano e marfil que dfá nome ao pazo.

A VIRXE NEGRA

 

Conta a lenda que viu nun barco de Äfrica que se incendiou.Está colocada no lateral da igrexa.O terceiro domingo de setembro celébrase a festa na súa honra e con tal motivo ábrese a capela ao público.

A tradición asegura que a representación sa santa negra, en ébano e marfil,débese a que está dedicada a unha mártir católica que morreu torturada e queimada na fogueira..É por elo que moitos romeiros achéganse a ela buscando unha cura para os seus problemas de pel e queimaduras.

ENTORNO E PATRIMONIO

Neste entorno único, no que a natureza e a historia conviven en armonía, onde o invitado pode disfrutar paseando por miradores e terrazas; entre froitales, hortas e sembras, onde os solpores rouban a respiración e as noites te envolven coa maxia das lendas galegas

XARDÍNS

 

Os xardíns están ben coidados. Conta cun manancial de auga do que antigamente se servía o pazo.

Actualmente chama a atención un invernadoiro acristalado....escondido,enigmático e marabilloso.

bottom of page