top of page

MUÍÑO DE FAUSTO

COIRO

CLEMENTE  ENSÍNANOS O MUÍÑO
 

Despois dunha pequena camiñata de dez minutos  chegamos ao muíño do Fausto , situado na parroquia de Coiro nun lugar coñecido como a Retirosa. alí estaba Clemente esperándonos xa co muíño en funcionamento.

Entramos por turnos porque o muíño, como case todos, é pequeno . Soaba un son moi forte que non sabiamos moi ben de onde viña, ata que nos fixamos nun pau que se movía cando a moa xiraba. Clemente contounos que se chamaba cacarexo porque o seu son  semella a dunha galiña cacarexando. Ademais ten unha función moi importante xa que cando se move fai vibrar a moega que é o lugar onde está o millo e así van caendo os grans na moa.

 

tamén puidemos ver algo moi interesante  na parte inferior do muíño o que se cha o inferno.Alí está o rodicio unha roda de ferro que se move cando a auga  cae con moita forza. Esta move un pau que se chama eixe , o cal move a moa de pedra que moe o gran. Un traballo en cadea.

NA PINEIRA  FILTRAMOS A FARIÑA
 

Clemente  botounos un pouquiño de fariña na peneira e algúns de nós tivemos a oportunidade de pineirala. A fariña que se filtraba era a méllor para facer o pan e a que quedaba na pineira chamase farelo. Díxonos Clemente que é coa que se fan os cereais.

 

Tamén nos contou que algunha fariña , a máis fina, se escapa para entre as paredes do muíño porque é moi fina e se expande. despois o muiñero cun pincel recóllea e antigamente era a que se lle daba os bebés para facer papilla!!!!!

DEBULLAMOS O MILLO

 

Que divertido!!! antes de moer o millo tivemos que  debullalo.

Fixémolo como antigamente fretando unha espiga contra outra. Deste xeito vai despegándose os grans .

Foi moi divertido porque podiamos estar varios xuntos facéndoos e ao mesmo tempo falar e cantar.

 

Cantamos unha canción que aprendemos no cole e que fala do muíño.

Unha noite no  muíño

unha noite no muíño

unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

unha semaniña enteira

iso si que é muiñada.

O MILLO

 

O millo é un cereal procedente de América a principios do século XVII. Anque non era propio de Galicia foi un cultivo que se adaptou moi ben a nosa terra e clima. Pode chegar a alcanzar case tres metros entres meses.

 

Cultívase  en abril e recóllese  en setembro.Este cereal vai ser moi importante en GAlicia adicándolle un gran cantidade de terras.

 

A importancia do millo foi tal que a economía galega xirou entorno a ela.

Unha boa colleita garanizaba o pan para todo o ano ás familias e o gando.

 

Para poder moelo necesitabamos da forza de algo ou alguén, buscando na forza da auga, un elemento tan abundante en Galicia, a forza motriz.

OS XARDÍNS

 

I'm a paragraph. Click here to add your own text and edit me. It’s easy. Just click “Edit Text” or double click me to add your own content and make changes to the font. Feel free to drag and drop me anywhere you like on your page. I’m a great place for you to tell a story and let your users know a little more about you.

This is a great space to write long text about your company and your services.

You can use this space to go into a little more detail about your company. Talk about your team and what services you provide. Tell your visitors the story of how you came up with the idea for your business and what makes you different from your competitors. Make your company stand out and show your visitors who you are. Tip: Add your own image by double clicking the image and clicking Change Image.

bottom of page